![]() |
||||
DICIONÁRIO
|
||||
|
||||
|
||||
AFONSO X |
||||
| Afonso X o Sabio (Afonso X el Sabio, Toledo 1221-Sevilla 1284), rei de Castela e de León (na actual España) de 1252 a 1284.
Fillo de Fernando III o Santo, fracasou na disputa pola coroa do Sacro Imperio Romano-Xermánico. Tomou (reconquistou) varias prazas fortes andaluzas, pero tivo que renunciar ó Algarve e ás súas aspiracións sobre Navarra. Fomentou a actividade cultural (Escola de Tradutores de Toledo – Escuela de Traductores de Toledo) e el mesmo foi un bo poeta en galego. Ten unha extensa obra, tanto xurídica como científica, histórica e literaria. Destacan El fuero real de Castilla, onde se promulgan e analizan os foros casteláns, o Codigo de las siete partidas, as Tablas alfonsíes, a Crónica general e grand estoria (aproximación histórica), e as Cantigas de Santa María (poesía en galego que marcou o cumio do galego escrito medieval), así como o Lapidario e os libros de xadrez, dados e táboas. Afonso X realizou tamén a primeira reforma (normativización) ortográfica do castelán, lingua que adoptou como oficial do reino en troques do latín. A Escola de Tradutores atraeu un grupo de estudiosos cristiáns, xudeus e musulmáns que desenvolveron un importante labor científico, rescatando textos da antigüidade e despois verténdoos ás linguas occidentais, poñendo así os piares do renacemento científico na Europa medieval. O primero fillo de Afonso, Fernando de La Cerda morreu antes que o pai. Foi o segundo, Sancho, quen o sucedeu no trono. | ||||
| http://gl.wikipedia.org/wiki/Afonso_X | ||||
|
||||